lunes 7 de noviembre de 2011

Manifestación dos sindicatos.


Esquerda Unida Ponteareas participou ativamente na manifestación convocada o pasado domingo 6 de novembro unitariamente polos sindicatos C.I.G., C.C.O.O. e U.X.T. e felicita aos milleiros de persoas que conscientemente saíron á rúa na defensa dos seu dereitos.

A manifestación baixo o lema "Contra a especulación financieira", "En defensa do emprego", saíu ás 12 da mañá da Praza de España e rematou na Porta do Sol, e durante o percorrido se corearon consignas a favor da loita social e contra as agresións do capital aos traballadores e traballadoras.

Na comarca de Vigo, as persoas desempregadas superan xa as 62.000. Os traballadores e traballadoras estamos a pagar as consecuenzas da crise capitalista e as medidas dos gobernos están encamiñadas única e exclusivamente a garantirlle os benificios á banca. En Esquerda Unida Ponteareas temos claro que é máis necesaria que nunca a unidade dos traballadores e traballadoras para facer unha fronte común na defensa dos nosos dereitos.

É por iso que felicitamos a decisión dos sindicatos C.C.O.O., C.I.G. e U.X.T. de superar as diferenzas e convocar unha manifestación conxunta. Esquerda Unida Ponteareas considera que ese é o camiño a percorrer: o da loita social. Sen esquecer que tamén é importante que os traballadores e traballadoras teñan claro ante as vindeiras Eleccións Xerais quén defende os dereitos da maioría social: traballadores/as, estudantes, autónomos/as, desempregados/as... e quén defende os intereses das grandes empresas, entidades financieiras e da banca.

Neste sentido, Esquerda Unida, foi, é e será a organización política dos de abaixo, a organización que traballa activamente por acadar a unidade da esquerda nun proxecto de superación do capitalismo.