sábado 15 de octubre de 2011

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALTA DE INVERSIÓN NOS CENTROS PÚBLICOS DE PONTEAREAS NO PLAN ABALAR.

Esquerda Unida de Ponteareas ven denunciar publicamente a falta de inversión nos centros públicos de ensino no proxecto Abalar.O proxecto Abalar promocionouse como unha ferramenta didáctica e interactiva coa que se pretendía a alfabetización dixital, unha revolución tecnolóxica na educación galega.Só un de cada cinco centros públicos teñen portátiles gratuítos da Xunta en fronte a un tercio dos privados.
O resultado da política do PP , e do seu Conselleiro Jesús Vázquez en Ponteareas, foi a asignación deste plan ao colexio concertado Santiago Apostol, deixando totalmente abandonados os cinco CEIP de Ponteareas e tamén as oito escolas unitarias con que conta o concello.Esquerda Unida denuncia a desmantelación dos servizos públicos, neste caso o de Educación onde dito Plan aínda esta a medio montar.
Esquerda Unida recórdalle ás nais e pais, que algúns dos Centros Públicos de Ensino de Ponteareas, aínda teñen materiais de última xeración dixital, gardados nos almacéns ou armarios, todo porque os centros públicos non teñen a infraestructura montada (eléctrica, informática, wifi,servidores.) para que estes poidan funcionar en rede.Esquerda Unida condena o plan de recortes no sector ensino e o “favoritismo” aos amigos do privado, algo que entra dentro da lóxica da política neoliberal que tanto PSOE como PP puxeron en marcha ás ordes do sistema capitalista.