©Davila2009

martes 16 de junio de 2009

CONTRA A CORRUPCIÓN URBANÍSTICA E ABUSO DE AUTORIDADE SOLIDARIEDADE COS VECIÑ@S DE CANEDO E SAN VICENTE.

Esquerda Unida de Ponteareas quere facer constar a súa total repulsa e condena ó desaloxo violento dos veciños Canedo e San Vicente.

Membros da Garda Civil agrediron hoxe violentamente a veciños de Canedo cando paralizaban as obras ilegais dunha rotonda proxectada polo Ministerio de Fomento.
De resultas da intervención levantaron o bloqueo das obras e practicaron varias detencións, entre elas a de Luís Pardo, presidente da Asociación de Veciños do barrio.
Os veciños levan tempo solicitándolle ó Ministerio de Fomento que lles proporcione a ficha técnica destas obras para poder saber que é exactamente o que se pretende facer alí, información que lles é sistematicamente negada.
Por outra parte tamén levan tempo reclamando á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que se pronuncie sobre estas obras posto que se están facendo no entorno do Regato da Venda, e é a súa competencia dar ou negar a autorización para facelas. O regato da Venda xa foi anteriormente ilegalmente entubado e mezclado con augas residuais e os veciños tentan impedir que as obras vaian adiante se non se garante que as augas do regato serán separadas das augas residuais. O Concello de Ponteareas xa foi sancionado ó menos en nove ocasións pola Confederación Hidrográfica pola existencia de vertidos de augas residuais sen depurar ó río Tea e aínda así, tanto o Concello como a Confederación se permiten estar calados en este asunto.
Unha vez terminada a obra, co conseguinte recheo con terra e formigón, esta situación será practicamente irreversible. As obras proxectadas inclúen unha ampliación do ilegal aterramento do regato da Venda consentido por tódolos gobernos municipais de Ponteareas e polas autoridades de medio ambiente autonómicas e estatais. Debido a presión veciñal, a Consellería de Medio Ambiente anunciou vai días a apertura dun expediente sancionador contra as empresas constructoras implicadas nas ditas obras ilegais. Curiosamente non se abre ese expediente sancionador contra o Ministerio de Fomento, responsable directo da obra. Dado que as empresas expedientadas non paralizaban os traballos, tivo que a veciñanza de Canedo asumir a responsabilidade de facer cumprir a lei, esixindo a paralización das obras mentres non se resolva a súa legalidade, evitando unha situación de lamentables feitos consumados. O Ministerio de Fomento (do PSOE e de Pepe Blanco) en vez de afrontar a problemática e resolvela con suxección a dereito, opta pola represión. A delegación do goberno en Galicia (do PSOE e Antón Louro) e a subdelegación provincial do goberno (do PSOE e Delfín Fernández) exercendo como lacaios de Pepe Blanco e da corrupción urbanística, ordenan á Garda Civil agredir ós veciños. A obra que se está a facer no cruce da N-120 con Canedo é a todas luces ilegal e tentan darlle para adiante o máis rapidamente posible para que xa sexa un feito consumado e non teña volta atrás. Esquerda Unida de Ponteareas solidarizámonos cos veciños de Canedo, pola exemplar mobilización que están levando a cabo na defensa do seu patrimonio natural e na defensa da legalidade urbanística. Os que merecen reprobación son eles: eses dirixentes do PSOE que añoran os tempos franquistas para reprimir impunemente. Confían en paralizar o movemento democrático de Ponteareas con multas, violencia policial e detencións.
¡Non llo podemos consentir!

Apoio os veciños da rúa Reveriano Soutullo

O Coordinador de EU-IU Xosé Henrique González Lago ven de manifestar o seu apoio os veciños da rúa Reveriano Soutullo nas súas denuncias sobre a reposición dos precintos da obra ilegal de Castrodeza.

Para o Coordinador de EU-IU a actitude de arrancar os precintos para que estes non se vexan estes días de festas pola súa imaxe, e un feito totalmente denunciable publicamente.
Os veciños que en reiteradas ocasións, nestes últimos días, denunciárono no concello en varias ocacions e vendo que unha vez colocados as poucas horas eran novamente arrancados decidiron colocar unha pancarta na noite do sábado facendo alusión a este tema.

O Coordinador solicita o concello a súa reposición así como a reposición da legalidade vixente nesta obra.

sábado 13 de junio de 2009

Manifestamos o noso apoio ás movilizacións e reivindicacións veciñais

Esquerda Unida de Ponteareas quere manifestar o seu total apoio ás reivindicacións dos veciños de Canedo e San Vicente no tema da rotonda.

No acceso a Canedo dende a N-120, o Ministerio de Fomento está a realizar unhas obras, supostamente para facer unha rotonda, das que non lle da conta a ninguén. A pesar das peticións dos veciños de que se lles traslade unha copia da ficha técnica da obra que se está a facer alí, o Ministerio non dá ninguha información ó respecto nunha clara mostra de autoritarismo. Estas obras están supoñendo un transtorno ós veciños destas parroquias, porque dende que se empezaron no 2006, fai tres anos, eliminouse o paso por debaixo da carretera, e en todo este tempo non se resolveu nada.

Ademáis disto, estas obras están afectando ó Regato da Venda, polo que a Confederación Hidrográfica debería pronunciarse sobre o tema. O Concello de Ponteareas xa foi sancionado ó menos en nove ocasións pola Confederación Hidrográfica por causa dos vertidos de augas residuais, tema que Esquerda Unida leva denunciando dende fai anos. Este regato, que vai a parar ó rio Tea, xa está entubado en varios tramos e está recibindo augas residuais e con estas obras se están colocando novos colectores que ninguén explica que función teñen. Estas obras, mentres non se demostre o contrario, poden resultar a morte definitiva do regato e a súa consolidación como un colector máis de augas residuais. Con esta actitude, o Ministerio de Fomento e o Concello están facendo mostra da máis absoluta falta de respeito ó medio ambiente, ós veciños e mesmo á ley.

Por todos estes despropósitos, dende Esquerda Unida de Ponteareas queremos manifestar o seguinte:
Apoiamos as xustas reivindicacións e movilizacións dos veciños dos veciños de San Vicente e Canedo. Os veciños teñen dereito a que se lles informe das modificacións que se están a levar a cabo no seu entorno.
Esiximos que o Regato da Venda sexa devolto á sua canle orixinal, posto que foi entubado ilegalmente. O feito de que os infractores paguen multas non é ningunha solución, sólo serve para evidenciar que o que ten cartos pode pasar por encima da legalidade.

Consello Local EU-IU Ponteareas

domingo 7 de junio de 2009

EU-IU Solidarizase cos veciños de San Vicente e Canedo



EU-IU pechou a campaña das eleccións europeas asistindo a manifestación dos veciños/as de San Vicente e Canedo, asistiron varios membros do Consello local entre eles o Coordinador Xosé Henrique González Lago o responsable da área de medio ambiente Lino Costas e tamén o Coordinador Comarcal Román Alonso Santos.
Para EU-IU esta nova manifestación pon en evidencia o fracaso da política do PSOE no estado español e do PP na Xunta de Galicia.

jueves 4 de junio de 2009

EU-IU acusa á Subdelegación do Goberno de falsificar a denuncia da Garda Civil.

Esta formación política esixe a dimisión do subdelegado, pedirá explicacións a Rubalcaba no Congreso dos Deputados e estudiará unha posible encausación penal.

A subdelegación do goberno na provincia de Pontevedra falsificou a denuncia dos axentes da Garda Civil con ánimo de sancionar a Juan Carlos Carrillo Claro, tal como pode comprobarse nos dous documentos adxuntos.

Mentras na denuncia da garda civil indícase:

“EL DENUNCIADO PORTABA UNA PANCARTA EN LA MANIFESTACION CELEBRADA QUE TRASCURRIÓ POR DIVERSAS CALLES DE PONTEAREAS, SIN HABER COMUNICADO A LA SUBDELEGACIÓN DEL GOBIERNO TAL HECHO, INCUMPLIENDO EL ART. 8 DE LA LEY 9/1983 EN CONCORDANCIA CON EL ART. 23 APART. C DE LA LEY 1/92”,

na transcrición empregada no procedemento impútaselle:

“RESPONSABLE COMO PROMOTOR DE LA MANIFESTACIÓN CELEBRADA EL DIA 03-01-09 ENTRE LAS 12:00 E AS 12:50 HORAS, PORTANDO UNA PANCARTA POR DIVERSAS CALLES DE PONTEAREAS”

A denuncia da Garda Civil contén un erro polo que Juan Carlos xa presentou as alegacións oportunas dado que, “portar unha pancarta nunha manifestación”, inda que non se tivera comunicado á subdelegación do goberno, non infrinxe calquera artigo da lei, mal que lle pese a calquera garda civil ou subdelegado.

Caso de incumprirse a mencionada comunicación previa (que neste caso concreto non era necesaria, tal como a lei indica), a responsabilidade sería únicamente dos “organizadores ou promotores”.
A transcrición falsificada da denuncia ó procedemento sancionador, xustificaríase precisamente polo ánimo incriminatorio do subdelegado do Goberno; algo que nun estado de dereito non se pode consentir. Xa a propia Lei Orgánica 1/1992 de seguridade cidadá, a tristemente famosa lei Corcuera, abre as portas a discrecionalidade dos axentes da autoridade, como para que unha autoridade política se permita estas irregularidades. EU-IU esixe a dimisión do subdelegado, pedirá explicacións a Rubalcaba no Congreso dos Deputados e estudiará unha posible encausación penal.

martes 26 de mayo de 2009

Cayo Lara destapa a coincidencia básica do PP e PSOE en facer pagar a crise aos pobres favorecendo aos ricos.

Nun encontro previo con dirixentes dos sindicatos CIG e CCOO expresoulles a solidariedade de EU coa loita dos traballadores do metal por un convenio digno.

Dirixentes sindicais da C.I.G. e C.C.O.O. relacionados coa loita do metal en Pontevedra entrevístanse con Cayo Lara.

Secretaría de Comunicación de EU-EU. Vigo

O coordinador federal de IU non defraudou as expectativas do público e con mestría didáctica desmenuzou a dinámica da crise deixando ao espido o papel servil de Zapatero ante a banca coa aquiescencia cómplice de Rajoy.
Empezou a súa intervención preguntándose cal sería a diferenza substancial que poderían exhibir os candidatos do PP e PSOE no debate televisivo previsto para uns minutos mais tarde, tendo en conta as súas amplas coincidencias no impulso ao neoliberalismo; tendo en conta que o que entrou en crise son as súas políticas de privatización, de baixada de impostos aos ricos, de non intervención na economía.
Acusou a zapateiro de presentarse como o “rei do mambo da esquerda”, depois de perdoarlle ao 1% da poboación máis rica o imposto de sucesións; logo de facer agasallos mil millonarios á banca e grandes fortunas, deixando desprotexidos aos catro millóns de parados, ao millón de fogares nos que todos os seus membros están en paro, aos 75.000 españois que perderon a súa vivenda e os seus aforros por non poder pagar a hipoteca.

Aspectos do mitin de Cayo Lara no I.E.S. Sto. Tomé do Freixeiro en Vigo.

Destacou que a economía especulativa do ladrillo - cuxa crise arrastrou aos demais sectores, convertendo a España en líder de paro en Europa - é corresponsabilidade tanto do PP como do PSOE, polas súas facilidades urbanísticas, pola súa protección dos paraísos fiscais.

Precederon a Cayo no uso da palabra o coordinador local de Vigo, Rubén Pérez, Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía de Arousa e Ledicia Piñeiro, membro da Mocidade Comunista de Galicia e candidata por esta comunidade ao parlamento europeo, quen destacaron o papel de Willy Meyer no pasado europeo fronte ao ilegal PGOM de Vigo, á ilegal depuradora e demais verteduras á Ría ou ao proceso de Bolonia mercantilizador da universidade.

Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía de Arousa, Cayo Lara, coordinador Federal de IU e José Manuel González, coordinador de EU en Ourense.

Cayo Lara acompañado dalgúns dos membros de EU Ponteareas, no que destacamos a Juan Carlos Carrillo, recentemente sancionado por manifestarse contra o xenocidio do pobo palestino.